La emigración a Cuba
En estos días previos a San Vicente de Caamouco, en Redesenlared estamos ofreciéndoos cosas curiosas como el mapa de la parroquia realizado por el vecino de Redes Roberto Montero. Hoy rescatamos un artículo publicado por Ernesto López Naveiras en el número 2 de la revísta “A Tenencia” que edita la Agrupación Instructiva de Caamouco. (Año 2002)
Os factores que orientaron a emigración dos Redesños a Cuba:
Para a gran maioría dos Redeños que emigraron a Cuba ó remate do século XIX e comezos do XX, as condicións que determinaron a súa emigración e permanencia no país, non estivo suxeita aos incertos vaivéns da fortuna, nin tiveron que pasar pola incertidume de chegar a un país descoñecido onde ninguén os agardaba.
A explicación a esta situación encóntrase na forte emigración de redeños que se producíu nos anos que comprenden a metade do século XIX. Uns poucos destes emigrantes pronto alcanzaron postos de certa relevancia económica e social, no comercio e na industria pesqueira da Illa. Circunstancia que propiciou unha corrente migratoria intensa de familiares e veciños para ocupar postos de traballo ó carón dos triunfadores, ou dentro dos círculos de influencia que lles eran afíns. De aquí ven o dito do que se casa en Redes, ó outro día de casar poñíanlle a maleta na porta e para a Habana.
A emigración dende Redes caracterizouse por:
- Emigración a corta idade 13/18 anos, previa formación escolar básica, na maior parte dos casos.
- Os viaxes eran por conta da familia residente en Redes, nalgúns casos recorrendo a un préstamo.
-Os cativos unha vez desembarcados na Habana, eran recollidos no muelle e levados a os diferentes destinos; ben ós viveiros, casas de parentes ou comercios, caso da ferretería Casteleiro Vizoso, etc.
-Na ferretería de Casteleiro e Vizoso, os empregados xantaban e dormían no terceiro andar do edificio da ferretería, en réximen de internado, cun control sobre as horas de saída e chegada para os máis novos, escolarización en horas libres, e acollidos á beneficiencia do Centro Galego, para atención médica en caso de enfermidade. Tamén recibían formación, dependendo da súa capacidade e interés, orientada a temas específicos, como podía ser formación no extranxeiro (EE.UU), enseñanza de idiomas, contabilidade, etc.
Como se pode ver as condicións deste tipo da emigración non revestía os clásicos problemas da xente que ía á aventura, sen axudas de ningunha clase, e que na maioría das veces remataba no campamento para emigrantes indocumentados de Triscornia. Máis ben foi unha emigración organizada, onde se coidaban ata os detalles como levar unha ristra de chourizos, orellas e lacón, da casa, para os parentes que xa se encontraban aló polo moito que o estimaban. A pesar de todo non se pode pensar que a emigración foi tarefa dura.
| Tuitear |
|






